Acción en Ruta nace cun grande propósito: facer chegar de xeito claro e atractivo a importancia do patrimonio da Vía da Prata a través dun programa de visitas teatralizadas e interpretadas.
Acción en Ruta é un proxecto promovido polos concellos de Monterrei, Laza e Cualedro, beneficiario do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Sinopse
A mediados do século XVII, durante a Guerra de Secesión entre España e Portugal, un peregrino percorre estas terras convulsas cara a Santiago de Compostela.
Nestas visitas teatralizadas serás testemuña dunha serie de encontros e desencontros entre personaxes de ambos bandos, que viven aventuras e intrigas ao redor do Camiño de Santiago.
As actuacións
Cada visita responderá a unha trama concreta, con personaxes e escenarios diferentes. O obxectivo é que en cada convocatoria os espectadores se sorprendan con loitas entre cabaleiros, amoríos, amizades sinistras... e moitas outras temáticas ao redor do Camiño de Santiago.
As actuacións desenvólvense no exterior.
Datas
As actuacións son de balde, pero é obrigatoria a inscrición.
As inscricións realízanse no sitio externo Celtia Travel. Ao premer no botón, a web levarate alí.
Castelo de Monterrei
25 de xuño, ás 21:00
- Punto de encontro: Oficina de Información e Turismo do Castelo de Monterrei.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Laza
26 xuño, ás 21:00
- Punto de encontro: Praza da Picota.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Montes (Cualedro)
27 xuño, ás 11:45
- Punto de encontro: Igrexa de Santa Baia de Montes.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Xironda (Cualedro)
9 de xullo, ás 22:00
- Punto de encontro: praza da rúa Chimbón de A Xironda.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Matamá (Laza)
16 xullo, ás 21:30
- Punto de encontro: igrexa de Santa María de Matamá.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Infesta (Monterrei)
5 agosto, ás 21:30
- Punto de encontro: rúa río Rubín de Infesta, entre a piscina fluvial e o merendeiro.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Retorta (Laza)
27 de agosto, ás 21:00
- Punto de encontro: rúa perpendicular á OU-113, en fronte da parada do bus.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Cualedro
28 agosto, ás 21:30
- Punto de encontro: Alameda do Cruceiro.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Vences (Monterrei)
29 agosto, ás 11:30
- Punto de encontro: Centro Social - Tanatorio de Vences.
- Ver punto de encontro en Google Maps.
Esperámosvos para coñecer as aventuras do noso peregrino e dos personaxes que atopa no Camiño, en pleno conflito entre España e Portugal!